venres, 8 de abril de 2016

Manifestación en defensa do mar (Probando2)

Ningún comentario
Multitudinaria asistencia á manifestación en defensa do sector do mar de Galicia

O sábado 27 de febreiro o MAR chegou a Santiago e trouxo unha riada de miles de persoas que se manifestaron de forma pacífica en defensa do sector pesqueiro galego.

Nin a mala climatoloxía nin a retirada do anteproxecto de Lei de Acuicultura pola Consellería do Mar a escasas horas da celebración da movilización, reduciron a asistencia prevista a este acto de protesta cívica contra as políticas pesqueiras actuais da Xunta, do Goberno Central e da Unión Europea.
As principais demandas esixen:
-un cambio no obsoleto sistema de TACs e cuotas que só enriquece a unha minoría,
-unha maior defensa do sector pesqueiro artesanal,
-o saneamento integral das rías galegas,
-unha verdadeira política en defensa do marisqueo,
-máis recursos para avanzar no coñecemento de fenómenos como as mareas vermellas,
-a defensa dos produtos galegos, da súa identificación e etiquetaxe,
-…
-en definitiva, un cambio de rumbo da Administración pesqueira galega e española
Enlace a galería de fotos da voz de galicia
Enlace novas de prensa

Ningún comentario :

Publicar un comentario

Etiquetas